|
Actualidade -
Xeral
|
|
O monumento na memoria e homenaxe aos represaliados anti-franquistas de Sada aparecéu cuberto de pintadas o pasado día 8, día en que celebraba a súa voda no Pazo do Meirás unha bisnieta do ditador Francisco Franco.
Esquerda Unida-IU únese aos cidadáns integrados na Plataforma en Defensa da Democracia en Sada, que no séu dia promoveron a construción deste monumento e que contou coa achega económica de familiares de persoas asasinadas ou desaparecidas durante a ditadura, así como ao conxunto dos cidadáns e cidadás sadenses, que denunciaron que tanto a placa de aceiro como a pomba branca que adorna o monumento ás vítimas do franquismo aparecéu cuberta de pintura negra. Gabinete de Prensa Comarcal. |
|
Actualidade -
Economía
|
|
Llamazares critica a Zapatero porque utiliza un discurso progresista pero aplica medidas económicas conservadoras
16 de agosto de 2008
O coordinador xeral de Izquierda Unida (IU), Gaspar Llamazares, cargóu hoxe en Xixón contra o último paquete de medidas económicas promovido polo Executivo de José Luís Rodríguez Zapatero, para facer fronte á crise. Llamazares considera que Zapatero cae nunha contradición, porque utiliza un discurso progresista, pero aplica medidas económicas conservadoras. Así, anunciou a súa oposición frontal a ese modelo e fixo un chamamento á sociedade para que tamén rexeite medidas "que benefician a quen causaron a crise".
|
|
Actualidade -
Medio Ambiente
|
|
Dando resposta á interpelación presentada por EU-IU, A Comisión Europea vai solicitar á Xunta que lle informe sobre que fixo e que prevé facer para reducir a contaminación na ría do Burgo e A Coruña, ante a sospeita de que os niveis de polución do estuario vulneran a directiva europea sobre calidade das augas marisqueiras. Un incumprimento semellante levou ao Tribunal de Xustiza da UE a condenar a España no 2005 polos altos índices de residuos fecais nos polígonos de bateas de mexillón da ría de Vigo, nun larguísimo expediente que só se pechou en febreiro pasado, cando a Xunta logrou convencer a Bruxelas de que adoptaría as medidas adecuadas para reconducir a situación. |
|
Actualidade -
Economía
|
|
Madrid, 28 de xullo de 2008.- EFE.-
O líder de IU, Gaspar Llamazares, e o portavoz de ICV-EUiA, Joan Herrera, avanzaron hoxe que votarán en contra dos Orzamentos para 2009 se, como hoxe constataron co presidente do Goberno, son unhas contas "de axuste" que crecen menos que a inflación e non garanten o gasto social. |
|
Actualidade -
Organización
|
Aprobado pola Presidencia Federal de IU o día 19 de xullo de 2.008
As circunstancias, novas para Esquerda Unida-IU e a súa militancia, nas que debe desenvolverse todo o proceso da IX Asemblea Federal requiren unha ordenación do debate que, aprobado pola Presidencia Federal, estableza as normas necesarias para garantir un proceso normalizado, transparente e axustado ao método decidido. |
|
Actualidade -
Economía
|
|
Llamazares ve ao goberno socialista tras 100 días de traballo “desafinado, ensimismado e incapaz de responder á crise económica”
Explica a batería de actuacións que promove IU para facerlle fronte a esta situación, que inclúe unha campaña de mobilizacións, reunións cos axentes sociais, a creación dunha Comisión de Traballo interna para promover medidas alternativas e unha próxima entrevista con Rodríguez Zapatero.
|
|
Actualidade -
Organización
|
|
IU lanza unha campaña de solidariedade co alcalde de Seseña tras a querela de Francisco Hernando “el pocero” pola que se esixe unha fianza de 133.333 euros
Esta é unha das seis accións xudiciais, -tres delas xa arquivadas-, emprendidas polo construtor contra o edil de IU, nesta caso por un presunto delito de calumnias |
|
|
Actualidade -
Xeral
|
|
IU reclama ao Goberno que non utilice o informe sobre a reforma electoral que solicitou ao Consello de Estado para unha operación de maquillaxe
O coordinador xeral de Izquierda Unida, Gaspar Llamazares, reclamou ao Goberno que non utilice o informe que solicitou hoxe ao Consello de Estado sobre a forma de abordar unha futura reforma electoral para unha simple “operación de maquillaxe”, senón para que se poida entrar en cuestións de fondo reclamadas por boa parte das formacións políticas. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 1 - 15 de 83 |